MAZÓN

5 feb 2012

| | | 0 comentarios
Utensilio de madeira reUtilizábase para desgranar o millo. Botábase no mazón, dábaselle golpes e caía o millo debullado polos buratos do mazón.
Recollido por Cristina en Abadín.

CABOZO

| | | 0 comentarios

Lugar onde se garda o millo sen folla durante todo o inverno. Está feito con madeira pedra e lousa.
Recollido por cristina en Abadín.

TRONDIEIRA

4 feb 2012

| | | 0 comentarios
Pao horizontal apoiado nos extremos ou colgado dunha viga., no que se colgaban as restras do millo.
Recollido por Obdulia Penela en Santa Comba, Lugo.

LIÑO

| | | 0 comentarios
Planta da que se facía unha fibra que logo se utilizaba para confeccionar roupa para vestirse e tamén para as camas.
Recollido por Mari Luz en Furís, Castroverde.
Planta 
Tea feita con liño


SELLA

| | | 0 comentarios
Recipiente para carretar auga dunha fonte para o consumo e facer de comer. Estaba feito de tiras de madeira e tiras de latón.
Recollido por Laura Pin Lombardero en Fonteo, Baleira, Lugo.

CIÑA

| | | 0 comentarios
Recipiente de zinc que se usaba para lavarse as persoas e tamén para lavar roupa.
Recollido por Laura Pin Lombardero en Fonteo, Baleira, Lugo.

PINZAS PARA RECOLLER OURIZOS

| | | 0 comentarios
Son pinzas de madeira feitas dunha rama do propio castiñeiro. Servían para non se pinchar cando se apañaban os ourizos.
Recollido por Izaskun Val López en  Corneiros, Pol.

TOLA OU BORROEIRA

| | | 0 comentarios
Pila de torróns que se cavaban no monte, que cando se secaban, prendíaselles lume e a logo a cinza extendíase pola finca.
Recollido por Laura Pin Lombardero en Fonteo, Baleira.

CANDIL DE GAS

| | | 0 comentarios
Recipiente cun depósito de gas e un pitorro cunha mecha. Servía para alumnar e era de lata.
recollido por Laura Pin Lombardero en Fonteo, Baleira.


OURICEIRA/URICEIRA

2 feb 2012

| | | 0 comentarios
Montón de castañas que se traían para a casa no seu ourizo. Poñíanse nunha pila e cubríanse con toxos, xestas, fentos... O ourizo íase pudrindo e a castaña conservábase. Despois había que sacalas dos ourizos e poñelas a secar ao sol. Deste modo podíanse conservar todo o inverno. Recollida por José Fernández Fernandez en Cellán de Calvos, Maruja da Portela en Furís, Ana Dopico Morán en San Julián e Virtudes Besteiro Pérez en Barredo, Castroverde.