Mostrando entradas con la etiqueta A. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A. Mostrar todas las entradas

LOURÁS, ABADÁS E VERDELLAS

5 feb 2012

| | | 0 comentarios
Variedades de castañas. As lourás son moi grandes, planas por unha cara e moi barrigudas pola outra, As outras dúas son máis pequenas.
Recollida por Obdulia Penela en Santa Comba.

ARGALLO

20 ene 2012

| | | 0 comentarios
Era como lles chamaban aos xoguetes antes.
Recollida por Javier Reija Santiso en Barredo.

ALDRABA

6 abr 2011

| | | 0 comentarios
Era un pau que servía para pechar as portas e as contras de madeira. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

AIXOLA

| | | 0 comentarios
Ferramenta que usaban os zoqueiros. Ten unha empuñadura de madeira e unha coitela. (Recollida por Laura Lence Reija en Barredo)

ANGAZO

| | | 0 comentarios
Ferramenta de madeira parecida a un peite con mango que se usaba para angazar (xuntar) e herba e a folla. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

ARTESA

4 abr 2011

| | | 0 comentarios
Recipiente grande de madeira que se usaba para amasar e gardar o pan. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)

APEAZAS

2 mar 2011

| | | 0 comentarios
Material de coiro co que se suxetaban as vacas ao xugo.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

AIXADA

2 feb 2011

| | | 0 comentarios
1. Ferramenta para cavar a terra.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde
 2. É unha ferramenta empregada na agricultura, formada por unha peza de ferro que pode ser plana ou curva, de tamalño variable e cun mango de madeira. servía para vavar a terra, normalmente no monte.
Recollida na Carraceira.
3. Ferramenta para cavar no monte antigamente.
Recollida por Laura Pin Lombardero en Fonteo, Baleira, Lugo.
 4. Ferramenta para cavar o monte, máis grande ca un sacho.
Recollida por Emérita, Casa de Cabanela en Furís, Castroverde.

ANDA CAMIÑOS

26 ene 2011

| | | 0 comentarios
Xoguete que consta dun aro de ferro e unha vara longa tamén de ferro cun gancho que permite facer rodar o aro.
Escrita  e recollida por Jorge Ferreiro Vieira
Castroverde

ADIBAL

| | | 0 comentarios
Corda longa.
Escrita  e recollida por María Arias Fernández
Empregada por Alicia Fernández Regueira
Pumarega, Castroverde

ALINDAR

29 dic 2010

| | | 0 comentarios
Levar as vacas a pacer e quedar con elas.

Recollida por: Iria López López en Castroverde.
Escrita por: Iria López López e Julia Paradela Cortón.



l

AGUILLADA

28 dic 2010

| | | 0 comentarios
Vara moi longa que se usaba para afalarlles ás vacas.

Recollida por Andrea Varela Díaz 6º primaria
Escrita por Andrea Varela Díaz e Osiris Junior Ogando Brito

ALCOBA

| | | 0 comentarios
Habitación sen ventás que se usa para dormir.
Recollida por Andrea Varela Díaz en Castroverde.
Escrita por Andrea Varela Díaz e Osiris Junior Ogando Brito