XUNGUIR

31 mar 2011

| | | 0 comentarios
Poñer o xugo as vacas para que tiren do carro. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

CARPAS OU CARBIAS

| | | 0 comentarios
Eran como unhas pás de madeira con puntas e servían para estirar o liño. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar e Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)

ROCA

| | | 0 comentarios
Ferramenta que se usaba para estirar a lá das ovellas para despois poder facer fíos con ela. Ten forma de pau. (Recollida por Alejandro Lago Penín en Pereira de Furís)

DEVANADOIRA

| | | 0 comentarios
Ferramenta parecida ás aspas dun muíño que se usaba para envolver a lá despois de fiala na roca. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

EMPALLEIRAR

| | | 0 comentarios
Cando ía chover xuntábase a herba seca e facíanse pilas pequenas ou palleiros para que non se mollara. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

MASADOIRAS

| | | 0 comentarios
Masadoiras: Lugar onde comían as vacas. Estaban ao lado da lareira ou do corredor dentro das casas. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

CANDIL

| | | 0 comentarios
Empregábase para alumar de noite. Era de ferro. Alumaba con petróleo ou aceite. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

FOUCIÑO

| | | 0 comentarios
Ferramenta para segar o pan. (Recollida por Laura Lence Reija en Barredo, Castroverde)

CARRO

| | | 0 comentarios
Usábase para carretar herba e leña tirado por dúas vacas. Era de madeira e as rodas estaban cubertas cun anel de ferro. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar, Castroverde)

ESTROBO

4 mar 2011

| | | 0 comentarios
Peza para amarrar o xugo ao carro.
Recollida por Hugo Osorio en O Cádavo.

CARRETÓN

| | | 0 comentarios
Berce ou rolo.
Recollida por Alicia Villanueva e Cármen Villar en Castroverde.

BILLARDA

| | | 0 comentarios
Deporte que consiste en darlle cun pao (palán) a outro máis pequeno (billarda), para que chegue o máis lonxe posible.
Recollida por Ángeles Fulias Guzmán en castroverde.

FALTRIQUEIRA

2 mar 2011

| | | 0 comentarios
Especia de bolsa que levaban as mulleres para gardar os cartos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

ENTOLAR

| | | 0 comentarios
Colocar en forma de pirámide os torróns (bloques de terra con raíces) para queimalos despois.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

EIXADA

| | | 0 comentarios
Apeiro que se emprega para sachar.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

MADREÑAS

| | | 0 comentarios
Calzado de madeira feito nunha peza e apoiado en en tres tacos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

EMPEÑAS

| | | 0 comentarios
Botas de goma con zoca polo findo.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

FERRAÑA

| | | 0 comentarios
Centeo que se daba verde ao gando.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde

RABELA

| | | 0 comentarios
Lugar polo que se agarra o apeiro.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde

CANGA

| | | 0 comentarios
Xugo máis longo para diversos traballos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

GAVITA

| | | 0 comentarios
Aparello no que se enganchan os apeiros de labranza dende a lora.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

CHEDEIRO

| | | 0 comentarios
Parte do carro que apoia na lora.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

CARRIOZO

| | | 3 comentarios
Camiño vello e estreito.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde

APEAZAS

| | | 0 comentarios
Material de coiro co que se suxetaban as vacas ao xugo.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.