Mostrando entradas con la etiqueta R. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta R. Mostrar todas las entradas

REFRANEIRO DOS PAXAROS

2 sept 2013

| | | 0 comentarios
Traballo realizado polas alumnas e alumnos de 2º de primaria do CPI de Castroverde. Curso 2012/13



CORRIZA /ROLLA

11 feb 2012

| | | 0 comentarios
Tea que se enrollaba para levar cousas na cabeza.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde  e por Álvaro Muñiz en Taboada, Lugo.

REGAÑAR

| | | 0 comentarios
Abrirse os ourizos, cando as castañas están xa maduras.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.



RODELA

4 abr 2011

| | | 0 comentarios
Rosca de trapo que se poñía na cabeza para cargar os feixes de verzas, nabos, herba e tamén a sella da auga. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

ROLDANA

| | | 0 comentarios
Servía para sacar auga do pozo. (Recollida por Laura Lence Reija en Barredo)


ROCA

31 mar 2011

| | | 0 comentarios
Ferramenta que se usaba para estirar a lá das ovellas para despois poder facer fíos con ela. Ten forma de pau. (Recollida por Alejandro Lago Penín en Pereira de Furís)

RABELA

2 mar 2011

| | | 0 comentarios
Lugar polo que se agarra o apeiro.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde

REFAIXO

17 feb 2011

| | | 0 comentarios
Prenda de roupa interior feminina que se poñía por debaixo da saia.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

RELLA

28 ene 2011

| | | 0 comentarios
Punta do arado, que vai abrindo os regos na terra.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

RABELA

| | | 0 comentarios
Parte do arado que serve para guialo.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

RANGUEIRO

| | | 0 comentarios
Parte do carro que vai na parte dianteira e serve para amarrar a herba.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

RINCONEIRA

28 dic 2010

| | | 0 comentarios
Moble que se colocaba antigamente nas esquinas da cociña.

Recollida por Andrea Varela Díaz 6º primaria
Escrita por Andrea Varela Díaz e Osiris Junior Ogando Brito