Mostrando entradas con la etiqueta V. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta V. Mostrar todas las entradas

LOURÁS, ABADÁS E VERDELLAS

5 feb 2012

| | | 0 comentarios
Variedades de castañas. As lourás son moi grandes, planas por unha cara e moi barrigudas pola outra, As outras dúas son máis pequenas.
Recollida por Obdulia Penela en Santa Comba.

VITILLOS

2 feb 2011

| | | 0 comentarios
Peza que se lle poñía aos xatos para que non mamaran. Estaban feitos de alambre.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

VIGORNIA

26 ene 2011

| | | 0 comentarios
Peza de metal sobre a que se traballa o ferro.
Escrita  e recollida por Jorge Ferreiro Vieira
Castroverde

VIORTO

29 dic 2010

| | | 0 comentarios
Especie de cinta feita de herbas que serve para atar feixes.
Recollida por: Iria López López en Castroverde.
Escrita por: Iria López López e Julia Paradela Cortón.