CLAVO/CRAVO

20 oct 2010

| | | 0 comentarios
Xogo infantil para o que se precisa un cravo duns 20 cm de longo, de ferro ou aceiro para cada xogador. No chan, de terra, debúxanse co propio cravo figuras circulares pegadas unhas a continuación de outras, a partires dunha líña, formando un semicírculo. Iníciase a partida tirando dende detrás da raia o cravo, que se tentará cravar no primeiro círculo. Logo cóllese e sitúase o xogador no primeiro círculo, tirando o cravo no segundo círculo. Repítese o proceso ata completar todos os círculos. Vólvese empezar tirando dende detrás da liña para tentar de cravar no segundo círculo, seguindo de dous en dous. Logo de tres en tres... Se o xogador falla o tiro (cae fóra ou non se crava), conserva a posición acadada e tócalle ao seguinte. Gaña o que primeiro consiga completar todo o terreo de xogo.
O termo co que se coñece este xogo onde foi recollido é "clavo". No diccionario da Real Academia Galega non aparece esta verba con este signifcado.
Recollido por Álvaro Muñiz Pérez en Vilar dos Naraos (Castroverde)

TRISPAR

8 oct 2010

| | | 0 comentarios
Trispar: Pisar. Ex.: "Apártate de aí que me triscas" . Esta palabra non aparece no diccionario da Academia Galega con ese significado.
Recollido por Beatriz Carballedo.
Lugar: Castroverde.