Especie de pinzas feitas de madeira para recoller as castañas do chan sen pincharse cos ourizos.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.
Mostrando entradas con la etiqueta T. Mostrar todas las entradas

BOMBO /TAMBOR
Utensilio metálico, cilíndrico con buratos todo ó redor, no que se metían as castañas para asarse. Colgábase da garmalleira dábaselle voltas enriba do lume.
Recollido polo bisavó de Carla en Cobelas, Castroverde.

TRONDIEIRA
Pao horizontal apoiado nos extremos ou colgado dunha viga., no que se colgaban as restras do millo.
Recollido por Obdulia Penela en Santa Comba, Lugo.

TOLA OU BORROEIRA
Pila de torróns que se cavaban no monte, que cando se secaban, prendíaselles lume e a logo a cinza extendíase pola finca.
Recollido por Laura Pin Lombardero en Fonteo, Baleira.

TARABELO
A. Chourizo pequeno.
B. Cousa de madeira que serve para pechar unha porta.
Recollido por Javier reija Santiso en Barredo, Castroverde.

TORTA DE MILLO
Bola que se elaboraba con fariña de millo, unha poiquiña de trigo, auga e sal. Facíase na lareira e era moi compacta xa que non se lle botaba levedura. Adoitaba comerse con leite, recién sacada da lareira.
Recollida en Castelo, Taboada por Álvaro Muñiz Pérez.

TRADE
Ferramenta que se usa para facer buratos na madeira. (Recollida por Laura Bouzas Abelleira en Serés)
TUBEIRA OU TULEIRA
Era un corno de vaca que tiña un enganche para colgar no pantalón. Botábaselle auga dentro para meter a pedra de afiar. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
TRADE
Aparello de ferro cun mango de madeira que se usaba para facer zocos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

TRANCA
Pao que se poñía polo lado de dentro das portas para que non entraran ladróns.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
TRESPES
Utensilio de ferro que se poñía encima do lume e sobre o que colocaban os potes para cociñar.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

TRONZADOR
Ferramenta empregada por dúas persoas para serrar troncos.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde
TESÓN
Parte do carro que serve de apoio cando non se usa coas vacas.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde
TALEGAS
Bozal que se lles poñía ás vacas para cando se labraba a terra non comeran os frutos.
Recollida por Andrea Varela Díaz.
Escrita por Jonathan Torrres Carballedo.

TEGO
Recipiente de madeira que equivale a medio ferrado.
Recollida por: Iria López López en Castroverde.
Escrita por: Iria López López e Julia Paradela Cortón.

TRISPAR
Trispar: Pisar. Ex.: "Apártate de aí que me triscas" . Esta palabra non aparece no diccionario da Academia Galega con ese significado.
Recollido por Beatriz Carballedo.
Lugar: Castroverde.
Recollido por Beatriz Carballedo.
Lugar: Castroverde.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)