TORTA DE MILLO

13 nov 2011

| | |
Bola que se elaboraba con fariña de millo, unha poiquiña de trigo, auga e sal. Facíase na lareira e era moi compacta xa que non se lle botaba levedura. Adoitaba comerse con leite, recién sacada da lareira.
Recollida en Castelo, Taboada por Álvaro Muñiz Pérez.

ESCILLA

12 abr 2011

| | | 0 comentarios
A escilla serve para quitarlle a folla e os ourizos ás castañas e apañalas. Parécese a unha gallita. (Alejandro Lago Penín, 2º Primaria)

HOMES DE PALLA

6 abr 2011

| | | 0 comentarios
Bonecos feitos de palla que se usaban para gastar bromas no Entroido. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

PULLAS

| | | 0 comentarios
Mentiras que se contaban os uns aos outros no Entroido. Meterse pullas. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

FARRAPADA

| | | 0 comentarios
Festa que se facía no Entroido e que consiste en mollar ou encher de lama os farrapos (trapos) e tirarllos á xente. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

CIMOS

| | | 0 comentarios
As follas más tenras dos nabos.

CHARRÚA

| | | 0 comentarios
Máscara de Entroido. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

PARRANDA

| | | 0 comentarios

Grupo de persoas que se disfrazaban e ían de troula casa por casa durante o antroido. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

QENTA-PÉS

| | | 0 comentarios
Botella feita de barro que se enchía de auga quente para poñer aos pés da cama. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

ALDRABA

| | | 0 comentarios
Era un pau que servía para pechar as portas e as contras de madeira. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

GUILLADA

| | | 0 comentarios
Vara de madeira cun pincho na punta para afalar ao gando. (Recollida por Laura Bouzas Abelleira en Serés)

TRADE

| | | 0 comentarios
Ferramenta que se usa para facer buratos na madeira. (Recollida por Laura Bouzas Abelleira en Serés)

AIXOLA

| | | 0 comentarios
Ferramenta que usaban os zoqueiros. Ten unha empuñadura de madeira e unha coitela. (Recollida por Laura Lence Reija en Barredo)

BITILLOS

| | | 0 comentarios
Era coma unha rede de forma redonda que se lles poñía ás vacas no fociño para que non comeran as verzas. (Recollida por Brenda Lence Iglesias en Rebordaos)

GADAÑA

| | | 0 comentarios
Ferramenta de ferro que servía para cortar a herba. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

ANGAZO

| | | 0 comentarios
Ferramenta de madeira parecida a un peite con mango que se usaba para angazar (xuntar) e herba e a folla. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

MANDIL

| | | 0 comentarios
Capa de cor negra e feita de liño que se usaba para protexerse do frío. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

INCRE

| | | 0 comentarios
Utensilio de ferro que se usaba para crabuñar a gadaña. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

CANADO

| | | 0 comentarios
Caldeiro de cinc que levaba 16 litros e servía para medir o viño. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)

PELEXO

| | | 0 comentarios
Recipiente que se facía con pel de ovella e servía para levar o viño. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)

CAÍNZO/FAÍOS/CORREDOR

| | | 0 comentarios
Estaba enriba da lareira e servía para curar as castañas ou secar a leña.
Recollida por Alejandro Lago Penín en Pereira de Furís.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.

PEXELO

| | | 0 comentarios
Utensilio parecido a un coador que se usaba para escurrir os cachelos. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)

ESPITEIRA

4 abr 2011

| | | 0 comentarios
Moble de madeira que servía para poñer a vaixela. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)

RODELA

| | | 0 comentarios
Rosca de trapo que se poñía na cabeza para cargar os feixes de verzas, nabos, herba e tamén a sella da auga. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

TUBEIRA OU TULEIRA

| | | 0 comentarios
Era un corno de vaca que tiña un enganche para colgar no pantalón. Botábaselle auga dentro para meter a pedra de afiar. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

BARQUIL

| | | 0 comentarios
Usábase para dar aire ao carbón na forxa para que ardera. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)

ARTESA

| | | 0 comentarios
Recipiente grande de madeira que se usaba para amasar e gardar o pan. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)

MALLOS

| | | 0 comentarios
Ferramenta que se usaba para sacar o gran da cebada ou do trigo da espiga. (Recollida por Brenda Lence Iglesias en Rebordaos )

SELLA

| | | 0 comentarios
Recipiente que se usaba para recoller auga para uso doméstico. (Recollida por Laura Bouzas en Serés).

ROLDANA

| | | 0 comentarios
Servía para sacar auga do pozo. (Recollida por Laura Lence Reija en Barredo)

XUNGUIR

| | | 0 comentarios
Poñer o xugo as vacas para que tiren do carro. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

CARPAS OU CARBIAS

| | | 0 comentarios
Eran como unhas pás de madeira con puntas e servían para estirar o liño. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar e Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)

XUNGUIR

31 mar 2011

ROCA

| | | 0 comentarios
Ferramenta que se usaba para estirar a lá das ovellas para despois poder facer fíos con ela. Ten forma de pau. (Recollida por Alejandro Lago Penín en Pereira de Furís)

DEVANADOIRA

| | | 0 comentarios
Ferramenta parecida ás aspas dun muíño que se usaba para envolver a lá despois de fiala na roca. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

EMPALLEIRAR

| | | 0 comentarios
Cando ía chover xuntábase a herba seca e facíanse pilas pequenas ou palleiros para que non se mollara. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

MASADOIRAS

| | | 0 comentarios
Masadoiras: Lugar onde comían as vacas. Estaban ao lado da lareira ou do corredor dentro das casas. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

CANDIL

| | | 0 comentarios
Empregábase para alumar de noite. Era de ferro. Alumaba con petróleo ou aceite. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

FOUCIÑO

| | | 0 comentarios
Ferramenta para segar o pan. (Recollida por Laura Lence Reija en Barredo, Castroverde)

CARRO

| | | 0 comentarios
Usábase para carretar herba e leña tirado por dúas vacas. Era de madeira e as rodas estaban cubertas cun anel de ferro. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar, Castroverde)

ESTROBO

4 mar 2011

| | | 0 comentarios
Peza para amarrar o xugo ao carro.
Recollida por Hugo Osorio en O Cádavo.

CARRETÓN

| | | 0 comentarios
Berce ou rolo.
Recollida por Alicia Villanueva e Cármen Villar en Castroverde.

BILLARDA

| | | 0 comentarios
Deporte que consiste en darlle cun pao (palán) a outro máis pequeno (billarda), para que chegue o máis lonxe posible.
Recollida por Ángeles Fulias Guzmán en castroverde.

FALTRIQUEIRA

2 mar 2011

| | | 0 comentarios
Especia de bolsa que levaban as mulleres para gardar os cartos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

ENTOLAR

| | | 0 comentarios
Colocar en forma de pirámide os torróns (bloques de terra con raíces) para queimalos despois.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

EIXADA

| | | 0 comentarios
Apeiro que se emprega para sachar.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

MADREÑAS

| | | 0 comentarios
Calzado de madeira feito nunha peza e apoiado en en tres tacos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

EMPEÑAS

| | | 0 comentarios
Botas de goma con zoca polo findo.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

FERRAÑA

| | | 0 comentarios
Centeo que se daba verde ao gando.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde

RABELA

| | | 0 comentarios
Lugar polo que se agarra o apeiro.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde

CANGA

| | | 0 comentarios
Xugo máis longo para diversos traballos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

GAVITA

| | | 0 comentarios
Aparello no que se enganchan os apeiros de labranza dende a lora.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

CHEDEIRO

| | | 0 comentarios
Parte do carro que apoia na lora.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

CARRIOZO

| | | 3 comentarios
Camiño vello e estreito.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde

APEAZAS

| | | 0 comentarios
Material de coiro co que se suxetaban as vacas ao xugo.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

FUSO

17 feb 2011

| | | 0 comentarios
Instrumento para fiar a lá.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

TARABELO

| | | 0 comentarios
Trade pequena.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

TRADE

| | | 0 comentarios
Aparello de ferro cun mango de madeira que se usaba para facer zocos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

FORMÓN

| | | 0 comentarios
Punta do arado.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

REFAIXO

| | | 0 comentarios
Prenda de roupa interior feminina que se poñía por debaixo da saia.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

XUSTILLO

| | | 0 comentarios
Prenda de roupa interior feminina que cubría de cintura para arriba.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

POSTIGO

| | | 0 comentarios
Parte superior das portas, independente da parte inferior, que se podía abrir sen mover a parte de abaixo.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

TRANCA

| | | 0 comentarios
Pao que se poñía polo lado de dentro das portas para que non entraran ladróns.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

LORA

| | | 0 comentarios
Material de coito ou madeira retorcida, co que se enganchaba o xugo aos apeiros de labranza.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

TARRELAS

10 feb 2011

| | | 0 comentarios
Herba que nace nos campos, que se pode comer e ten usos terapeuticos.
Outros nomes cos que é coñecida: almeirón ou paciporca.
Recollida por Lucía Álvarez López
Empregada por Elena Pallín Trashorras
Lugar de recollida: Rebordaos, Castroverde

CAÍNZAS

3 feb 2011

| | | 0 comentarios
Laterais do carro.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

FUNGUEIROS

| | | 0 comentarios
Paus que suxeitan as cainzas do carro.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde.

FORQUITO

| | | 0 comentarios
Ferramenta de madeira para voltear a herba.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez e Bisavó de Carla.
Lugar: San Miguel do Camiño e Cobelas, Castroverde.

GUINDAI/GUINDAIS

| | | 0 comentarios
Pau onde se suxeita a garmalleira da lareira.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

TRESPES

| | | 0 comentarios
Utensilio de ferro que se poñía encima do lume e sobre o que colocaban os potes para cociñar.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

GUBIA

| | | 0 comentarios
Utensilio para vaciar as zocas.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

TRONZADOR

| | | 0 comentarios
Ferramenta empregada por dúas persoas para serrar troncos.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

MACHADO

2 feb 2011

| | | 0 comentarios
Macheta grande para fender a leña.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

AIXADA

| | | 0 comentarios
1. Ferramenta para cavar a terra.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde
 2. É unha ferramenta empregada na agricultura, formada por unha peza de ferro que pode ser plana ou curva, de tamalño variable e cun mango de madeira. servía para vavar a terra, normalmente no monte.
Recollida na Carraceira.
3. Ferramenta para cavar no monte antigamente.
Recollida por Laura Pin Lombardero en Fonteo, Baleira, Lugo.
 4. Ferramenta para cavar o monte, máis grande ca un sacho.
Recollida por Emérita, Casa de Cabanela en Furís, Castroverde.

VITILLOS

| | | 0 comentarios
Peza que se lle poñía aos xatos para que non mamaran. Estaban feitos de alambre.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

CARDA

| | | 0 comentarios
Utensilio para peinar ou cardar a lá.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

MAZADORA

| | | 0 comentarios
Utensilio para mazar o leite e facer manteiga.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

PARAFUSO

| | | 0 comentarios
Instrumento co que se retorcía a lá.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

HUCHAS

| | | 0 comentarios
Contenedores de madeira onde se gardaba o grao (trigo, centeo...).
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

PERNOS/PERLOS

28 ene 2011

| | | 0 comentarios
Peza que suxeita as ventás e portas ás paredes.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

CHAVELLA

| | | 0 comentarios
1.Peza que engancha ao xugo ao carro.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

2. Peza que atraves verticalmente o extremo anterior da cabezalla do carro e deixa suxeito o xugo ao carro.
Recollida na Carraceira.

RELLA

| | | 0 comentarios
Punta do arado, que vai abrindo os regos na terra.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

RABELA

| | | 0 comentarios
Parte do arado que serve para guialo.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

ORELLEIRAS

| | | 0 comentarios
Parte do arado romano (de madeira), que despraza a terra para facer regos.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

RANGUEIRO

| | | 0 comentarios
Parte do carro que vai na parte dianteira e serve para amarrar a herba.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

XUGO

| | | 0 comentarios
Aparello que suxeita as vacas ao carro, arado, rastro, etc. para arrastrar ou traballar. Está feito de madeiras resistentes coma freixo ou bidueiro.
Recollida por Laura Trashorras Pérez, Josefa Santiso Troitiño, Daniel e José Fernández Fernández ...
Lugar: San Miguel do Camiño, Cellán de Calvos e Barredo (Castroverde) e a Carraceira en Baleira.

ENTRETOIRAS

| | | 0 comentarios
Pezas que suxeitan o eixo do carro.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

PEAZA

| | | 0 comentarios
Parte do xugo que se ata por debaixo do pescozo da vaca.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

TESÓN

| | | 0 comentarios
Parte do carro que serve de apoio cando non se usa coas vacas.
Escrita e recollida por Laura Trashorras Pérez
Persoa que a usou: Antonio Trashorras Nogueira
Lugar: San Miguel do Camiño. Castroverde

CARROULA/CARROULLA

26 ene 2011

| | | 0 comentarios
Xoguete cunha roda de madeira e unha forquilla de madeira encastrada á roda. Serve para facela rodar.
Escrita  e recollida por Jorge Ferreiro Vieira
Castroverde

ZOMBA

| | | 0 comentarios
Artiluxio para lanzar pedras.
Escrita  e recollida por Jorge Ferreiro Vieira
Castroverde

ANDA CAMIÑOS

| | | 0 comentarios
Xoguete que consta dun aro de ferro e unha vara longa tamén de ferro cun gancho que permite facer rodar o aro.
Escrita  e recollida por Jorge Ferreiro Vieira
Castroverde

PORRIXO

| | | 0 comentarios
Recipiente para transportar, conservar e beber a auga fresca.
Escrita  e recollida por Jorge Ferreiro Vieira
Castroverde

PAILA

| | | 0 comentarios
Parte frontal da cociña de ferro.
Escrita  e recollida por Jorge Ferreiro Vieira
Castroverde

VIGORNIA

| | | 0 comentarios
Peza de metal sobre a que se traballa o ferro.
Escrita  e recollida por Jorge Ferreiro Vieira
Castroverde

TARABELA

| | | 0 comentarios
Espantallo que da voltas co vento.
Recollida e escrita por Jorge Ferreiro Vieira

Nádegas

| | | 0 comentarios
Traseiro
Escrita  e recollida por María Arias Fernández
Empregada por Alicia Fernández Regueira
Pumarega, Castroverde

TRONZÓN

| | | 0 comentarios
Serra grande, para cortar madeira
Escrita  e recollida por María Arias Fernández e Jorge Ferreiro Vieira
Empregada por Alicia Fernández Regueira
Pumarega, Castroverde

LAREIRA

| | | 0 comentarios
Cociña tradicional
Escrita  e recollida por María Arias Fernández
Empregada por Alicia Fernández Regueira
Pumarega, Castroverde

MASEIRA

| | | 0 comentarios
Recipiente onde se lle da de comer aos porcos.
Escrita  e recollida por María Arias Fernández
Empregada por Alicia Fernández Regueira
Pumarega, Castroverde

GARMALLEIRA/GRAMALLEIRA

| | | 0 comentarios
Cordón de metal da lareira para ter conta do pote.
Escrita  e recollida por María Arias Fernández e Lucía González Campos.
Empregada por Alicia Fernández Regueira
Pumarega, Castroverde

Ferro cunha anilla para poñer potas de ferro ao lume.
Recollido por Izaskun Val López en  Corneiros, Pol.

ESPALLADOIRA

| | | 0 comentarios
Galla, pau rematado en dous gallos empregada para recoller palla, herba, etc,
Escrita  e recollida por María Arias Fernández e polo bisavó de Carla.
Pumarega e Cobelas, Castroverde.

FURQUITO

| | | 0 comentarios
Pala do pan.
Escrita  e recollida por María Arias Fernández
Empregada por Alicia Fernández Regueira
Pumarega, Castroverde

ADIBAL

| | | 0 comentarios
Corda longa.
Escrita  e recollida por María Arias Fernández
Empregada por Alicia Fernández Regueira
Pumarega, Castroverde