CAMBO

11 feb 2012

| | | 0 comentarios
Ferramenta en forma de vara de madeira cun gancho de ferro na punta, empregada para enganchar as ponlas das árbores e coller o froito.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.

CORRIZA /ROLLA

| | | 0 comentarios
Tea que se enrollaba para levar cousas na cabeza.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde  e por Álvaro Muñiz en Taboada, Lugo.

ZONCHOS

| | | 0 comentarios
Castañas escaldadas coa pel, que se usaban para facer colares.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.

FALTRIQUEIRA/FARRAQUEIRA

| | | 0 comentarios
Bolsa de tea atada ao corpo pra apañar castañas.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.

MAMELAS

| | | 0 comentarios
Castañas que se cocen con salmoira.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.

CARRIZAS/CORRIZAS

| | | 0 comentarios
Ouriceiras que se rodeaban de uces e paus darredor, para que non entraran os animais. tamén podían cerrarse con pedras.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.

ESCADA

| | | 0 comentarios
Obxecto de madeira que se pode mover dun lugar a outro para poder subir a sitios altos.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.



CESTOS/CESTAS/PESELOS

| | | 0 comentarios
Recipientes de diferentes formas feitos con fibras vexetais.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.







TENAZAS/FUSTE/MORDEGA

| | | 0 comentarios
Especie de pinzas feitas de madeira para recoller as castañas do chan sen pincharse cos ourizos.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.

PALANCA, BAREXA, BALEIRA

| | | 0 comentarios
Vara longa para tirar os ourizos ao chan.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.