TORTA DE MILLO

13 nov 2011

| | |
Bola que se elaboraba con fariña de millo, unha poiquiña de trigo, auga e sal. Facíase na lareira e era moi compacta xa que non se lle botaba levedura. Adoitaba comerse con leite, recién sacada da lareira.
Recollida en Castelo, Taboada por Álvaro Muñiz Pérez.

ESCILLA

12 abr 2011

| | | 0 comentarios
A escilla serve para quitarlle a folla e os ourizos ás castañas e apañalas. Parécese a unha gallita. (Alejandro Lago Penín, 2º Primaria)

HOMES DE PALLA

6 abr 2011

| | | 0 comentarios
Bonecos feitos de palla que se usaban para gastar bromas no Entroido. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

PULLAS

| | | 0 comentarios
Mentiras que se contaban os uns aos outros no Entroido. Meterse pullas. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)

FARRAPADA

| | | 0 comentarios
Festa que se facía no Entroido e que consiste en mollar ou encher de lama os farrapos (trapos) e tirarllos á xente. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

CIMOS

| | | 0 comentarios
As follas más tenras dos nabos.

CHARRÚA

| | | 0 comentarios
Máscara de Entroido. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

PARRANDA

| | | 0 comentarios

Grupo de persoas que se disfrazaban e ían de troula casa por casa durante o antroido. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

QENTA-PÉS

| | | 0 comentarios
Botella feita de barro que se enchía de auga quente para poñer aos pés da cama. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)

ALDRABA

| | | 0 comentarios
Era un pau que servía para pechar as portas e as contras de madeira. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)