CALDO DE CASTAÑAS

26 ene 2012

| | | 0 comentarios
INGREDIENTES
Castañas secas
Cebola
Patacas
Aceite
Allo
Pemento
MODO DE FACELO
Cócense as castañas, a cebola e as patacas. Cando está cocido fáiselle un refrito con aceite, allo e pemento.
Recollida por Emérita. Casa de Cabanela en Furís. Castroverde.


BULLOS

| | | 0 comentarios
Castañas secas e peladas. As castañas dende que están secas, pélanse e cócense. Logo cómense con leite o en caldo.
Recollido por Emérita. Casa de Cabanela en Furís. Castroverde.

ESCAMBELAR

| | | 0 comentarios
Arar o monte coas vacas.
Recollido por Emérita. casa de Cabanela en Furís. Castroverde. 

CAMBELO

| | | 0 comentarios
Ferramenta que se usaba para arar o monte.
Recollido por Emérita. casa de Cabanela en Furís. Castroverde.

ERBELLOS

25 ene 2012

| | | 0 comentarios
Un tipo de guisantes. Recollido por Josefa Santiso Troitiño en Barredo, Castroverde.



TARABELO

| | | 0 comentarios
A. Chourizo pequeno.
B. Cousa de madeira que serve para pechar unha porta.
Recollido por Javier reija Santiso en Barredo, Castroverde.

CAÍNZO

| | | 0 comentarios
1. Utensilio feito con paus e uces que se empregaba para secar as castañas. Recollido por cristina Pereira Pardo en Baleira.

2. Lugar onde se poñen as castañas a secar, na lareira.Recollido por Josefa Santiso Troitiño en Barredo.

3. Armazón de listóns de madeira cruzada en diagonal e separada, que regularmente estaba situado enriba das lareiras ou cociñas. Nos caínzos estendíanse as castañas soltas e secábanse co calor e co fume que desprendían as lareiras ou cociñas. despois revolvíanse cun rodo ou coa man. Recollido por José Fernández Fernández en Cellán de Calvos (Castroverde).
4. Utensilio para secar as castañas. Así cando estaban secas metíanse nun saco e mazábanse contra un banco hasta que soltaran a casca. Recollido polo bisavó de Carla en Cobelas, Castroverde.





ARGALLO

20 ene 2012

| | | 0 comentarios
Era como lles chamaban aos xoguetes antes.
Recollida por Javier Reija Santiso en Barredo.

QUEIXEIRO

| | | 0 comentarios
Moble para curar os queixos.
Recollida por Javier Reija Santiso en Barredo (Castroverde)


TORTA DE MILLO

13 nov 2011

| | |
Bola que se elaboraba con fariña de millo, unha poiquiña de trigo, auga e sal. Facíase na lareira e era moi compacta xa que non se lle botaba levedura. Adoitaba comerse con leite, recién sacada da lareira.
Recollida en Castelo, Taboada por Álvaro Muñiz Pérez.