INGREDIENTES
Castañas
Leite
MODO DE FACELO
Primeiro pelábanse as castañas, cocíanse e despois botábanse nun pote de barro.
O leite botábase nunha taza e engadíanselles as castañas peladas e despois comíase todo xunto.
Recollido por Izaskun Val López en Torneiros. Pol.
CALDO DE CASTAÑAS
INGREDIENTES
Castañas secas
Cebola
Patacas
Aceite
Allo
Pemento
MODO DE FACELO
Cócense as castañas, a cebola e as patacas. Cando está cocido fáiselle un refrito con aceite, allo e pemento.
Recollida por Emérita. Casa de Cabanela en Furís. Castroverde.

BULLOS
Castañas secas e peladas. As castañas dende que están secas, pélanse e cócense. Logo cómense con leite o en caldo.
Recollido por Emérita. Casa de Cabanela en Furís. Castroverde.

CAMBELO
Ferramenta que se usaba para arar o monte.
Recollido por Emérita. casa de Cabanela en Furís. Castroverde.

TARABELO
A. Chourizo pequeno.
B. Cousa de madeira que serve para pechar unha porta.
Recollido por Javier reija Santiso en Barredo, Castroverde.

CAÍNZO
1. Utensilio feito con paus e uces que se empregaba para secar as castañas. Recollido por cristina Pereira Pardo en Baleira.
2. Lugar onde se poñen as castañas a secar, na lareira.Recollido por Josefa Santiso Troitiño en Barredo.
3. Armazón de listóns de madeira cruzada en diagonal e separada, que regularmente estaba situado enriba das lareiras ou cociñas. Nos caínzos estendíanse as castañas soltas e secábanse co calor e co fume que desprendían as lareiras ou cociñas. despois revolvíanse cun rodo ou coa man. Recollido por José Fernández Fernández en Cellán de Calvos (Castroverde).
4. Utensilio para secar as castañas. Así cando estaban secas metíanse nun saco e mazábanse contra un banco hasta que soltaran a casca. Recollido polo bisavó de Carla en Cobelas, Castroverde.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)