ESCILLA
A escilla serve para quitarlle a folla e os ourizos ás castañas e apañalas. Parécese a unha gallita. (Alejandro Lago Penín, 2º Primaria)
HOMES DE PALLA
Bonecos feitos de palla que se usaban para gastar bromas no Entroido. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
PULLAS
Mentiras que se contaban os uns aos outros no Entroido. Meterse pullas. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
FARRAPADA
Festa que se facía no Entroido e que consiste en mollar ou encher de lama os farrapos (trapos) e tirarllos á xente. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)
PARRANDA
QENTA-PÉS
Botella feita de barro que se enchía de auga quente para poñer aos pés da cama. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)
ALDRABA
Era un pau que servía para pechar as portas e as contras de madeira. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)
GUILLADA
Vara de madeira cun pincho na punta para afalar ao gando. (Recollida por Laura Bouzas Abelleira en Serés)
TRADE
Ferramenta que se usa para facer buratos na madeira. (Recollida por Laura Bouzas Abelleira en Serés)
AIXOLA
Ferramenta que usaban os zoqueiros. Ten unha empuñadura de madeira e unha coitela. (Recollida por Laura Lence Reija en Barredo)
BITILLOS
Era coma unha rede de forma redonda que se lles poñía ás vacas no fociño para que non comeran as verzas. (Recollida por Brenda Lence Iglesias en Rebordaos)
GADAÑA
Ferramenta de ferro que servía para cortar a herba. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
ANGAZO
Ferramenta de madeira parecida a un peite con mango que se usaba para angazar (xuntar) e herba e a folla. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
MANDIL
Capa de cor negra e feita de liño que se usaba para protexerse do frío. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
INCRE
Utensilio de ferro que se usaba para crabuñar a gadaña. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)
CANADO
Caldeiro de cinc que levaba 16 litros e servía para medir o viño. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)
PELEXO
Recipiente que se facía con pel de ovella e servía para levar o viño. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)
CAÍNZO/FAÍOS/CORREDOR
Estaba enriba da lareira e servía para curar as castañas ou secar a leña.
Recollida por Alejandro Lago Penín en Pereira de Furís.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.
Recollida por Alejandro Lago Penín en Pereira de Furís.
Recollido por alumnado de 4º de Primaria do CPI de Castroverde.
PEXELO
Utensilio parecido a un coador que se usaba para escurrir os cachelos. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)
ESPITEIRA
Moble de madeira que servía para poñer a vaixela. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)
RODELA
Rosca de trapo que se poñía na cabeza para cargar os feixes de verzas, nabos, herba e tamén a sella da auga. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
TUBEIRA OU TULEIRA
Era un corno de vaca que tiña un enganche para colgar no pantalón. Botábaselle auga dentro para meter a pedra de afiar. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
BARQUIL
Usábase para dar aire ao carbón na forxa para que ardera. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)
ARTESA
Recipiente grande de madeira que se usaba para amasar e gardar o pan. (Recollida por Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)
MALLOS
Ferramenta que se usaba para sacar o gran da cebada ou do trigo da espiga. (Recollida por Brenda Lence Iglesias en Rebordaos )
SELLA
Recipiente que se usaba para recoller auga para uso doméstico. (Recollida por Laura Bouzas en Serés).
CARPAS OU CARBIAS
Eran como unhas pás de madeira con puntas e servían para estirar o liño. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar e Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)