XUNGUIR
Poñer o xugo as vacas para que tiren do carro. (Recollida por Brais Varela Díaz en Villafrío)
CARPAS OU CARBIAS
Eran como unhas pás de madeira con puntas e servían para estirar o liño. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar e Miguel Ferreiro Pereira en San Miguel)
ROCA
Ferramenta que se usaba para estirar a lá das ovellas para despois poder facer fíos con ela. Ten forma de pau. (Recollida por Alejandro Lago Penín en Pereira de Furís)
DEVANADOIRA
Ferramenta parecida ás aspas dun muíño que se usaba para envolver a lá despois de fiala na roca. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
EMPALLEIRAR
Cando ía chover xuntábase a herba seca e facíanse pilas pequenas ou palleiros para que non se mollara. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
MASADOIRAS
Masadoiras: Lugar onde comían as vacas. Estaban ao lado da lareira ou do corredor dentro das casas. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
CANDIL
Empregábase para alumar de noite. Era de ferro. Alumaba con petróleo ou aceite. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar)
CARRO
Usábase para carretar herba e leña tirado por dúas vacas. Era de madeira e as rodas estaban cubertas cun anel de ferro. (Recollida por Carla Fernández Sal en Vilar, Castroverde)
FALTRIQUEIRA
Especia de bolsa que levaban as mulleres para gardar os cartos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.

ENTOLAR
Colocar en forma de pirámide os torróns (bloques de terra con raíces) para queimalos despois.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
EIXADA
Apeiro que se emprega para sachar.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
MADREÑAS
Calzado de madeira feito nunha peza e apoiado en en tres tacos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
EMPEÑAS
Botas de goma con zoca polo findo.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
FERRAÑA
Centeo que se daba verde ao gando.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde

RABELA
Lugar polo que se agarra o apeiro.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde
CANGA
Xugo máis longo para diversos traballos.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
GAVITA
Aparello no que se enganchan os apeiros de labranza dende a lora.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
APEAZAS
Material de coiro co que se suxetaban as vacas ao xugo.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
Recollida por Lucía González Campos en Montecubeiro, Castroverde.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)